03 Sep, 2010 - 08:59 AM

Agrupación Socialista Pablo Iglesias - Oleiros

PSOE de Oleiros

 

 

PSOE de Oleiros

 

PSOE de Oleiros Como inicio PSOE de Oleiros Añadir a favoritos

PSOE de Oleiros Contacto

INICIO
· Inicio
· Enviar Noticias
· Grupo Municipal
· Galerías
· Conócenos
· Revista
· Hemeroteca
· Afíliate
· Usuario

2010
GALERIAS
AFILIATE

articulos
PROPOSTAS SOCIALISTAS PARA OS ORZAMENTOS 2008
  Martes, 15 Enero, 2008 -- (1002 lecturas) 
 
O Goberno Municipal de Alternativa aínda non presentou os orzamentos para o ano 2008, incumprindo a obriga legal de presentalos antes do pasado 30 de outubro. A falta de capacidade do goberno de Alternativa vese agravada polo feito de que tampouco elaborou orzamentos no 2007.
 
Os socialistas fixemos o noso traballo: remitímoslle ó concello, o 29 de outubro pasado, unha proposta de inversións e servizos públicos que consideramos prioritarios para incluír nos orzamentos do ano 2008.
 
1.      Seguridade e modernización da rede viaria e do transporte público.
O auxe do sector da construcción provoca o evidente incremento de poboación e do número de vehículos no noso municipio. A rede viaria polo tanto cada día é máis insuficiente. Unha parte importante destes ingresos extraordinarios debe destinarse sen esperar máis anos a actuacións de seguridade e modernización da rede viaria. Se ben hai actuacións que debemos reclamar das administracións provincial, autonómica e estatal, simultaneamente debemos facer o esforzo de construír beirarrúas, redactar proxectos e obter solo para as actuacións máis necesarias.
  • Plan Viario Municipal Plurianual.
  • Plan de Aparcamentos en Sta Cruz, Sta Cristina, Mera, e Oleiros.
  • Partidas orzamentarias para potenciar e mellorar o transporte público de acordo o Plan de Transporte Metropolitano (cofinanciación do billete a colectivos como estudiantes e terceira idade).

2.      Promoción de Vivendas de prezo protexido.

Outra parte importante dos ingresos procedentes do urbanismo deben dedicarse a garantir a promoción de vivendas de prezo protexido, con propostas especialmente dirixidas ó acceso á vivenda de oleirenses xoves e tamén de familias de economía modesta.
Demandamos medidas de transparencia na constitución das cooperativas impulsadas polo concello.

3.      Funcionarios e persoal laboral do Concello (Catálogo de postos de traballo + Organigrama + Relación de Postos de traballo valorada)
O Orzamento debe conter a nova Relación de Postos de Traballo valorada de acordo co novo catálogo de postos de traballo, debidamente consensuada cos representantes dos traballadores do Concello (Xunta de Persoal, o Comité de Empresa e a Mesa de Negociación).
Debese recoller tamén a posibilidade da clasificación de Grupo C, á policia local, en base á Lei de Coordinación de Policias Locais
 
4.      Educación e Cultura.
  • Apoio ó equipamento e actividades dos centros de ensino público (Colexios e APAS).
  • Mantemento das zonas verdes dos centros de ensino público
  • Ampliación da rede de Escolas Infantís Municipais: Mera e Nós.
  • Dotación de Aulas de Informática con conexión a Internet nas Casas do Pobo.
  • Dotación de calefacción central en tódalas Casas do Pobo e centros Cívicos.

5.      Deporte.

  • Pavillón Polideportivo no Instituto Neira Vilas.
  • Redacción proxecto Cidade Deportiva en Bastiagueiro.
  • Cubrición da Pista Polideportiva de O Carballo.
  • Polideportivas en O Valiño, Montrove e Perillo.
  • Piscinas en Nós e Dorneda (zona Polideportiva Rialta).
  • Parque Fluvial zona verde Parque Empresarial Iñas.
  • Piscina climatizada Zona Norte.
 
6.      Obras en distintas parroquias.

OLEIROS
  • Elaboración do proxecto e construción da Casa do Pobo en Oleiros.
  • Obtención de solo e redacción do proxecto de beirarrúas Edreira-Oleiros e As Torres-Oleiros.
  • Renovación do parque infantil 
 
PERILLO
  • Plan Especial de Reforma Interior de Santa Cristina (incluído peatonalizacións e aparcamentos subterráneos)
  • Plan Especial de Reforma Interior de A Canteira (casco vello de Perillo).
  • Ludoteca en Perillo.
  • Mellora iluminación Santa Cristina e casco antigo Perillo.
  • Proxecto seguridade viaria C.P. Valle Inclán – Montrove.
  • Reubicación e soterramento dos contedores de Santa Cristina.
  • Senda costeira peonil de Sta.Cristina a Bastiagueiro
 
SANTA CRUZ
  • Dotación de servizos de praia na praia de Santa Cruz.
  • Expropiación  de solo para a circunvalación de Santa Cruz entre o tramo que transcorre entre  a Ctra Sta. Cruz-Oleiros ata Ctra. Sta. Cruz-Meirás
  • Planificación de novos aparcamentos.
  • Obtención de terreos para a Recuperación medioambiental da Atalaia  e o traspraia da praia  do Naval.
  • Novo centro cívico en Santa Cruz ( no solo dotacional de Meixonfrio).
  • Reordenación praza de Lians
  • Ampliación e iluminación do parque infantil Luis Seoane
 
SERANTES - MAIANCA
 
  • Estudios previos e anteproxecto da ampliación do Porto de Mera.
  • Plan de aparcamentos e reordenación do tráfico de Mera a Xoez.
  • Proxecto estrada de circunvalación a Mera.
  • Escola infantil en Mera (Labarta).
  • Asfaltado Rúa da Gándara.
  • Melloras no camiño dos Muiños
  • Modernización casa do pobo de Mera (calefacción, internet, ampliación).
  • Dotación de espacios de aparcamentos nas parroquias de Serantes e Maianca.  
 

MONTROVE

  • Melloras asfaltado
  • Recuperación lavadoiro de Lóngora
  • Beirarrúas Montrove-Nos
  • Melloras campo de fútbol municipal de Montrove
  • Execución de polideportiva cuberta
 
DEXO-LORBE
  • Subvención terreos cementerio.
  • Adecuación da Casa do Pobo de Lorbé, calefacción, internet e salón de actos.
  • Plan de apoio ó mantemento e mellora do Parque Costeiro (Monumento Natural de Dexo), mantemento camiños e repoboación forestal.
  • Saneamento en O Real.
  • Redacción proxecto e obtención de solo beirarrúas estrada acceso ó porto de Lorbé
  • Asfaltado de camiño Rúa da Vella en O Couto
  • Abrir o camiño da Castiñeira a Boente
  • Mellora do asfaltado da Rúa Agra do Río
 
NOS
  • Beirarrúas varias
  • Escola Infantil de 0-3 anos
  • Modernización casa do pobo (calefacción, internet)
  • Parque Multiusos na Urbanización Xardín de Nos (habilitación de un parque polideportivo con pista de patinaxe e bici).
  • Acondicionamento da capela de San Marcos
  • Acondicionamento das instalacións e accesos ó campo de futbol do Hércules de San Pedro
 
DORNEDA
  • Obtención de solo e redacción do proxecto de sendas peonís Lourido-Breixo
  • Recuperación de camiños desde Lourido Grande e Pequeno ata Igrexa de Dorneda.
  • Obtención de solo para ampliación do entorno da Casa do Pobo de Dorneda.
  • Piscina Municipal.
  • Rematar as beirarrúas Breixo-Sta. Cruz
  • Expropiación solo acceso á praia do Naval
  • Cubrición polideportiva Casa do Pobo
IÑAS
  • Parque fluvial con piscinas na Zona Verde Río de San Pedro (Parque empresarial de Iñas)
  • Beirarrúas varias e asfaltado según programa
  • Renovación mobiliario parque infantil da casa do pobo de Iñas
  • Asfaltados da Rúa da Igrexia e unión con Rúa da Vila
  • Instalación de puntos de luz na rúa dos Vilares
 
URBANIZACIÓNS
  • Cambio de luminarias na Urbanización Icaria I.
  • Acceso ó Campo de Fútbol de Os Regos por fora da urbanización.
  • Parque Multiusos na Urbanización Xardín de Nos (habilitación de un parque polideportivo con pista de patinaxe e bici).
 
 
 
 
Asdo. Covadonga Díaz Varela
Voceira do Grupo Municipal PSdeG. – PSOE
Concello de Oleiros
Enviar esta historia a un amigo Versión imprimible Versión en PDF  
© Agrupación Socialista Pablo Iglesias | Praza da Rabadeira, 9 - 15173 Oleiros | Telf.: 981 611 837 | E-mail.: psoe@oleiros.net


Page created in 0.44873189926147 seconds.