08 Sep, 2010 - 12:12 PM

Agrupación Socialista Pablo Iglesias - Oleiros

PSOE de Oleiros

 

 

PSOE de Oleiros

 

PSOE de Oleiros Como inicio PSOE de Oleiros Añadir a favoritos

PSOE de Oleiros Contacto

INICIO
· Inicio
· Enviar Noticias
· Grupo Municipal
· Galerías
· Conócenos
· Revista
· Hemeroteca
· Afíliate
· Usuario

2010
GALERIAS
AFILIATE

articulos
O PSOE de Oleiros demanda con urxencia o novo colexio que necesita Oleiros.
  Sábado, 28 Noviembre, 2009 -- (273 lecturas) 
 
O Concello, de acordo coa normativa legal, ten que poñer a disposición da Xunta solo calificado urbaníscamente para tal fin. Oleiros non pode seguir sen un novo centro de Educación Infantil e Primaria.
 
A Xunta espera desde hai tres anos pola cesión dun terreo por parte do Concello para poder construír un novo centro educativo.
 
Coa aprobación do PXOM, gracias ás aportacións do Grupo Municipal Socialista, o alcalde non ten disculpa para non cumprir coa súa obriga.
 
Os socialistas acusan ó alcalde de ter vocación de armar lio en cada pleno e menospreciar ós membros da corporación agredindo personal e profesionalmente a quen lle prante cara.
O Alcalde esqueceuse de que o crecemento urbanístico, que tantos ingresos xenerou ao noso concello, xenera tamén novas necesidades de servicios e de equipamentos, e o prioritario é manter a calidade educativa e ofertar as prazas e os servicios necesarios.
 
Grave neglixencia e incapacidade de Angel García Seoane ao non cumprir as condicións para que Oleiros conte cun novo centro educativo. Primeiro a desculpa era que non había Plan de Urbanismo. Os socialistas fixemos o preciso para que o houbese. Pese a todo, o alcalde, despois de anos de advertencias sobre as dificultades para escolarizar os alumnos de Oleiros, ainda non fixo a cesión dun solar para construir un novo Colexio. A cesión municipal de solo é requisito indispensable, segundo está establecido normativamente, para que a Xunta de Galicia poida construír ese novo Centro, que todos recoñocemos como imprescindible para atender á demanda presente e futura de postos escolares.
 
O alcalde ten o instrumento necesario, o PXOM aprobado coas aportacións do Grupo Municipal Socialista, para firmar un convenio e ter disponibilidade de solo para facer o novo centro educativo.
 
O Grupo Municipal Socialista non admite excusas e moito menos que se intente desviar a atención polas carencias do goberno municipal acusando ós demais de traer alumnos doutros municipios ó concello. Un argumento é esperpéntico; quen ten a competencia para admitir as solicitudes de matrícula son os Consellos Escolares dos Centros Educativos nos que están representados os pais, os profesores e o propio Concello de Oleiros a través do Alcalde ou quen este designe como representante. Se non hai prazas nun centro educativo é a Comisión de Escolarización a encargada de resolver o problema, na que tamén está representado o Alcalde. Non o está a oposición, polo que, de haber algunha responsabilidade, teríamos que atribuirlla a quen goberna.
 
Cónstanos non obstante que os Consellos Escolares cumpren escrupulosamente coas súas obrigas en canto á matriculación de alumnos, de acordo co establecido pola lei, e a Comisión de Escolarización, na que está representada a Inspección da Xunta, os Directores e os sindicatos tamén cumpren a lei.
 
O problema non se resolve cerrándolle os micrófonos á oposición cando propón solucións en positivo a un problema e cando se ofrece, ante a incompetencia do goberno municipal, a axudar a resolver un tema tan importante como o da escolarización no municipio.
 
Os Consellos Escolares e a Comisión de Escolarización só lle conceden praza aos alumnos nos termos que marca a lei que supoñemos que o alcalde non quere conculcar unha vez máis, como ata o momento ven facendo a nivel persoal e político.
 
O ALCALDE DE OLEIROS ESTÁ REPRESENTADO NOS CONSELLOS ESCOLARES E NA COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN QUE ADMITEN ALUMNOS NOS TERMOS QUE MARCA A LEI.
 
O PXOM, APROBADO COAS APORTACIÓNS E VOTOS DO PARTIDO SOCIALISTA, PERMITE A FIRMA DE CONVENIOS QUE PARA DISPOÑER DESE SOLO.
Enviar esta historia a un amigo Versión imprimible Versión en PDF  
© Agrupación Socialista Pablo Iglesias | Praza da Rabadeira, 9 - 15173 Oleiros | Telf.: 981 611 837 | E-mail.: psoe@oleiros.net


Page created in 0.41864490509033 seconds.